Miniserie realizada polo equipo de Dinamización da Lingua Galega contando coa participación do alumnado, profesorado e persoal non docente do IES Chapela.
Mensaxes anónimas, desaparición dun alumno, segredos que saen á luz... A historia do IES Chapela está a piques de cambiar.
Se queres participar neste proxecto, só tes que facer un vídeo e enviárnolo!
Que hai que facer no vídeo?
Tedes que facer unha ou varias esceas onde expresedes distintos sentimentos: enfado, ira, alegría, tristeza, medo, etc etc etc.
Onde o tedes que enviar?
Ou ben nolo enviades por email a: mensaxerecibida@gmail.com
ou nolo podedes pasar por un pen. (Preguntar por Noe, Silvia, María, Romi, Cris ou Jenny de 2ºEd.Infantil ou Aldán e Miguel)
Como o podo gravar?
Dános igual! Podedes gravalo co voso móbil, coa cam do voso ordenador, cunha cámara... vós elexides! Tamén podedes pasar nos RECREOS pola aula de música e gravámosvos nós!
Canto ten que durar?
Non máis de minuto e medio.
Outras formas de participar: detrás da cámara hai moito traballo por facer e toda axuda recibida é de agradecer. Hai que gravar, montar, escribir un guión, caracterización, vestiario...
Nesta miniserie TODOS imos participar, ben sexa activa ou pasivamente. O guión irase escribindo según as ideas que aportedes nos comentarios neste blog e según as enquisas que faremos. Así que non tedes escusa! Animádevos!